Cuchufellos convidan aos seus “feligreses” ao I Festival A Rebusca de Manzaneda

Cuchufellos convidan aos seus “feligreses” ao I Festival A Rebusca de Manzaneda

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Achegaivos feligreses”. Con este berro chaman os Cuchufellos aos seus devotos antes de dar comezo a un dos seus concertos. Por iso, pensaron os ourensáns, que mellor título para un disco. O traballo vía a luz en xullo, pero a súa andaina por festivais vai durar aínda un tempo. Os 13 temas do álbum xa se escoitaron no Festival Revenidas de Arousa, no Son

Unha oportunidade tamén este directo para facerse con Achegaivos Feligreses. O disco está editado por Falcatruada, gravado nos estudos de Pablo Vega en León e masterizado nos Abrigueiro de Friol.

Non obstante, a achega musical dos Cuchufellos non remata coa publicación deste traballo, xa que este ano poderemos gozar da primeira edición do Festival A Rebusca, organizado pola banda. Aseguran que atoparemos boa música. De momento están confirmados Musarapas, Ultraquäns, Cé Orquestra Pantasma e os propios anfitrións e, como non, celebrarase na súa vila natal, Manzaneda. Será o 21 de novembro e á boa música unirase a artesanía, un xantar popular e xogos tradicionais. Antes, o 24 de outubro pasarán por Vedra e o 31 por Monfero, convidados polos Papaqueixos.

Cultura