A cultura, o deporte e o ensino de Fene reciben a súa recompensa

Os dous festivais máis importantes de Fene, Fenerock e Felicia Pop, reciben 8.000 euros de axuda cada un deles
03 de Decembro, 2018 - 09:18 h. | Publicada por Radio Fene

O labor das entidades de Fene é recompensado cun total de 36.300 euros por parte do Concello. O venres asinaronse os convenios.

O Concello de Fene apoia o labor do movemento asociativo coa concesión de subvencións por valor de 36.300 euros. O venres asinaronse os convenios de colaboración coas entidades do municipio. O alcalde destacou que, con estas axudas, o Concello busca apoiar o importante labor que desenvolve o tecido asociativo, tanto no ámbito cultural como deportivo e educativo. A relación de beneficiarios é a seguinte: ANPA Centieiras -2.000 euros- e ANPA Os Casais -1.000 euros- para contribuír ó mantemento e funcionamento dos respectivos comedores escolares. Os Centolos reciben -8.000 euros- pola organización do FeneRock; AC Felicia -8.000 euros- pola organización do Felicia Pop Festival; Airiños de Fene -4.500 euros- pola organización da Xuntanza de Gaiteiros; ACRD. O Pote recibía -3.000 euros- pola organización da Romaría do Pote; CMI Unidade Fene - 2.500 euros- pola organización do premio Pérez Parallé; Escudería Scratch Fene -2.200 euros- pola organización do Slalom Fene; Agarimo de Sillobre -1.600 euros- pola organización do Encontro de Lavandeiras. As AVV de Magalofes, AVV de Limodre e ACRD Liga Amigos, cada entidade cunha achega de 1.000 euros, pola organización da Festa do Poldro, Festa da Orella e Romaría Camiñante, respectivamente; e a ACRD O Pote -500 euros- pola organización da Festa da Ameixa.

Institucional

Publica o teu comentario agora