Curso de monitor de tempo libre de carácter intensivo

Curso de monitor de tempo libre de carácter intensivo

23 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes promove un curso de monitor de tempo libre que terá lugar durante os vindeiros meses de verán. Trátase dun curso de carácter intensivo que se celebrará dende o 11 de xullo ao 6 de setembro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

O curso, homologado pola Xunta de Galicia, constará de 200 horas teóricas e 150 horas prácticas. O prezo de inscrición é de 150 euros ao que se suman dúas mensualidades de 50 euros.

Os interesados en participar deberán realizar a súa inscrición ata o vindeiro 30 de xuño na Oficina de Información Xuvenil- OMIX de Ordes, situada na planta baixa da Casa do Concello. Tamén se pode recibir máis información chamando ao teléfono 981680002.

Sociedade