As curtas son cine

As curtas son cine
13 de Febreiro, 2023 - 02:37 h. | Publicada por Radio Fene



"As curtas tamén son cine" foi unha das mensaxes lanzadas na gala dos premios Goya celebrada en Sevilla na que estivo moi presente Galicia. Remarcouna o afeccionado ao mundo da imaxe, produtor de A Lobeira Today, Fran da Lobeira 

ESCOITA O PODCAST:

Homenaxes ao recen finado Carlos Saura. Gala dos premios Goya en Sevilla, con moita presenza galega, nada menos que nove premios recibiu “As bestas”. E tamén houbo festa do cine este sábado en San Sadurniño. De todo iso conversamos en Radio Fene con Fran da Lobeira, autor dunha das curtas presentadas no Chanfaina Lab. Na Casa da Cultura de San Sadurniño presentáronse as curtametraxes da sétima edición do Chanfaina Lab coa asistencia da práctica totalidade dos creadores das 22 pezas creadas este ano -só faltaron Raquel Álvarez e Claudia Pineda que mandaron un saúdo en vídeo- , ademais de numeroso público que se deu cita na gala. Foi presentada polo humorista Paco Lodeiro e a concelleira Ara Bellas. O alcalde, Secundino García, destacou o grande valor do encontro por reunir tanto talento e por "levar o nome de San Sadurniño polo mundo", pero tamén por lograr que durante unha fin de semana "persoas que non saben de cine poidan facer curtametraxes compartindo tempo e aprendizaxe mutua con outras que son nomes de referencia no audiovisual". Segundo a organización, a colleita creativa 2022-23 está caracterizada pola calidade, a variedade e o sorprendente das súas propostas. Nesta edición, Fran da Lobeira tomoulle o relevo a Gabriel Tizón e converteu os dous días de gravacións do mes de setembro en eixo da súa peza o "Spoiler chanfaineiro"

Cultura

Publica o teu comentario agora