Día do Emprendedor: “Pon os teus soños a traballar para desenvolver proxectos reais”

Día do Emprendedor: “Pon os teus soños a traballar para desenvolver proxectos reais”

16 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Emprende. Pon os teus soños a traballar. Baixo este lema celébrase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a V edición do Día do Emprendedor. Desde as nove da mañá ata as sete e media da tarde abordarase un ciclo completo de emprendemento coas ponencias de máis de 60 conferenciantes. Un acto que busca converterse na referenza da iniciativa emprendedora e da empresa innovadora en Galicia, para apoiar as persoas con proxectos en marcha e aos que procu

Para emprender é necesario ser aberto e participativo, compartir coñecementos e intercambiar experiencias. Non se trata dun feito instántaneo senón nun proceso onde o requisito fundamental é o interese e as ganas de facer cousas, indicou en Radiofusión  Enrique Gómez do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia). O evento achega asesoramento, servizos de soporte e oportunidades de negocios aos interesados cunha faciana máis participativa orientada ao negocio e ao contacto, potenciándose as actividades de networking e coa participación de máis entidades e empresas vencelladas ao mundo emprendedor.

A xornada contará con diversas intervencións, debates e charlas ademais do asesoramento persoal e directo dos posibles emprendedores. Aos participantes ofrecéselles distintos itinerarios segundo o seu perfil, seminario de ADSL, seminario de Loxística, financiación, internacionalización…

“Se sempre fas o que sempre tes feito nunca chegarás a onde non tes chegado” cita Enrique Gómez para provocar reflexións persoais e animar a crear novos proxectos. O experto sinala que calquera momento é bo para emprender, a pesar da crise. “Hai cartos e faltan proxectos” salienta. Necesítanse proxectos atractivos que ademais podan ser comercializados ao exterior. En Galicia adoécese de cultura emprendedora aínda que a taxa é superior á media de España.

Segundo Gómez, no emprendemento galego mistúranse distintos niveis, a inciativa empresarial clásica de crear un negocio, os que emprenden iniciativas dentro das súas organizacións  e os que respostan ás necesidades sociais.  O noso déficit reside nestas duas últimas xa que “non se pode asimilar o emprendemento a darnos de alta como autónomos”.

Emprender é moito máis como quedará reflectido este mércores en Compostela. 

Sociedade