Día do orgullo

Ferrol acolle o sabado 1 os actos do Día do Orgullo Gay
28 de Maio, 2019 - 02:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Dia do Orgullo Gay chega a Ferrol. Celebraráse o vindeiro sábado dia 1 na Praza Vella con debates e música.

Principiarán as actividades ás cinco da tarde cun coloquio con colectivos LGBT. Brigitte Vasallo ofrecerá unha charla ás seis da tarde cun coloquio moderado por Cristy Tojo do colectivo Lésbicas Creando. Brigitte Vasallo (Barcelona, 1973) é unha escritora, profesora e activista antirracista, feminista e LGBTI española, coñecida especialmente pola súa crítica da islamofobia de género, a denuncia do homonacionalismo, así como pola súa defensa do poliamor nas relacións afectivas. (na imaxe)

O dúo Las Antonias actuará a partir das nove da noite e todo finalizará cunha sesión de pincha discos a cargo de Nuca, a partir das dez e media da noite. Todo o sábado un de xuño na Praza Vella de Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora