Día grande na Festa da Palabra

Día grande na Festa da Palabra

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o título “En Ferrol, todas e todos nós”, o salón de actos da Fundación Caixa Galicia acolle nesta xornada, con motivo da celebración do Día do Libro, unha maratón de lectura. A actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde e baixo a coordenación da poeta e animadora Lucía Aldao.

Segunda xornada da Festa da palabra, do libro e a lectura, promovida pola concellería de Cultura e Educación do Concello de Ferrol.  No Cantón de Molíns, escenario ate o vindeiro domingo da XX Feira do Libro, continúan nesta xornada as actividades para promover a lectura entre os cidadáns. Ao longo da mañá haberá obradoiros dirixidos a escolares e, pola tarde, tamén para nenos, unha sesión de contacontos con Marisa Irimia e unha función de teatro de rúa a cargo do grupo A Loca Motora.

Tamén neste xoves, coincidindo coa celebración do Día do Libro, pasarán pola Festa da Palabra de Ferrol os escritores Bernardo Máiz e Pablo Núñez para asinar exemplares das súas últimas obras. Ao remate da xornada, ás oito do serán, comezará un encontro co escritor Henrique Dacosta, ao redor do seu libro “Unha nada de doce relatos”.

Sociedade