Día negro para o Eume xuvenil

Día negro para o Eume xuvenil

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Quedan sete xornadas para que remate a liga xuvenil comarcal e o Eume Deportivo pode facer historia cantando o alirón e proclamándose campión de liga. Agora lidera a competición e atópase a cinco puntos do Val, o seu inmediato perseguidor. Un rapaz do equipo de José Mahia non poderá vestirse de curto e cantar o alirón cos seus compañeiros. Esta fin de semana o xogador Miguel rachou tibia e peroné. Esta mañá pasa polo quir&oa

A edade de Miguel e o tipo de rotura son argumentos básicos para pensar no éxito da operación cirúrxica. Logo virá a recuperación e esperemos que Miguel logre esquencerse canto antes deste desagradable momento. As roturas de tibia e peroné xunto coas lesións de xeonllo son as máis temidas por todos os futbolistas. Esta fin de semana o Eume gañou ao Perlío, sumou a súa n-ésima vítoria. O resto de compañeiros adicaronlle a vítoria a Miguel. Agora todos esperan adicarlle a liga ao rapaz eumés.

Deportes