Días de presentación de equipos

Días de presentación de equipos

08 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Mañán mércores celebrárase no pavillón de A Gándara de Narón a presentación oficial do Cidade de Narón de Fútbol-Sala nun partido amistoso co Burela de División de Prata. O encontró comezará ás oito e media. O sábado terá lugar a presentación oficial do CMI de Fene no pavillón de A Xunqueira. A presentación englobará un partido amistoso co Parrulo de Mario de Cabo. Os a

A presentación do Cidade de Narón contará co estreo de David González Piñón que vestirá este ano a camisola do Narón despois de militar no Azkar Lugo, Leis de Pontevedra, DKV Zaragoza ou Autos Lobelle e formarse na base do Boandanza de Fene. Tamén é novidade do equipo o xuvenil Alex Garea, Oscar Francos e a chegada de Javi Albes ao apartado técnico do equipo xunto con Lete Llago. O CMI de Fene incorpora ao equipo ao xogador fenés Dani procedente do Cidade de Narón e fillo do técnico fenés Carlos García-Viruco. Tamén formará parte do equipo Jorgito e deixan o plantel fenés Pacuco, Pilli e Alvaro.

Deportes