Días grandes

Fene celebra activamente o domingo 24 de febreiro, Día de Rosalía. O 6 de marzo vive o Entroido.
15 de Febreiro, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene lembra o poema “Miña casiña, meu lar” de Follas novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da súa épica diaria: a de sobrevivir. Chama aos locais de hostalería a servir o domingo 24 o Caldo de Gloria do que fala o poema. A concelleira de Cultura de Fene, Rocio Bértoa, falanos na entrevista, da efeméride rosaliana e tamén da Festa do Entroido 2019.

ESCOITA O PODCAST:

O 24 de febreiro conmemorase o nacemento de Rosalía de Castro- o 24 de febreiro de 1837-. O concello de Fene xa se adherira a esta celebración pero nunca activamente como ocurrirá este ano. A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, presentounos os actos previstos que terán o Parque de Rosalía de Castro, detrás nas casas verdes de Perlío, como lugar principal. Ás 12 da mañá actuará alí o Tradicoro da Banda Airiños de Fene e recitará poemas o grupo de teatro do CMI Unidade de Fene. Na praza da escola, despois, repartirase o Caldo de Gloria gratuitamente, entre a xente que pasea polo feirón de Perlío. O concello está repartindo entre os establecementos hosteleiros a receita do Caldo de Gloria coa proposta de que ese domingo o sirvan com tapa coas consumicións.

E de Rosalía saltamos ao Entroido.

A festa do Carnaval seguirá buscando a excelencia. Volverá a haber duas carpas no contorno da casa do concello de Fene. A da praza para a actuación das comparsas e a da rúa para que actúen Os Zares, o martes, e a orquestra Olimpus o mércores de cinza. A concelleira de Cultura, Rocío Bértoa, calificou o Entroido como a festa máis importante do ano en Fene. O martes de carnaval terá aos máis pequenos como protagonistas. Pola tarde repartiranse as lambetadas e tamén se homenaxeará a Juan- recentemente falecido- pola súa entrega á festa desde a asociación O Tadetas.

O mércores de Cinza as comparsas cobran protagonismo co seu desfile e actuación posterior na praza. O periodo para inscribirse está aberto aínda. Este ano incrementaronse en 1500 euros as axudas ás agrupacións carnavaleiras. Bértoa non esquenceu o papel que xoga a viuva no Entroido fenés, nin a lucería de Millarengo na queima do meco.

Cultura

Publica o teu comentario agora