A dór da poboación, a primeiro plano

A dór da poboación, a primeiro plano

22 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Introduciu un novo conceito na información sobre as guerras. Por primeira vez colocou en primeiro plano, a dór e o sofrimento da poboación civil, en lugar de centrarse unicamente nos movementos das tropas. As crónicas da Segunda Guerra Mundial da galega Sofía Casanova, foron pioneiras no xornalismo do século XX.

Coñeceu de perto o avance do partido bolchevique e a revolución rusa, a persecución dos xudeus, as duas guerras mundiais, da Varsovia asediada ou a loita das sufraxistas. Sofía Casanova, galega nacida no ano 1861 na Coruña, pasou a súa infancia en Culleredo e viveu boa parte da sua vida, primeiro en Madrid, e despois en Polonia por razóns do seu casamento co escritor polaco Wicenty Lutoslawski.

Unha vida intensa a desta muller con inquedanzas literarias, que traballou como correspondente para o xornal ABC na primeira metade do século XX, sendo a primeira correspondente de guerra dun xornal español.

Sofía Casanova morreu en Poznan-Polonia en 1958. A editorial Sotelo Blanco publicou no 2008 “Sofía Casanova. Exóticas e escritos xornalísticos” un volume que escolma algunhas crónicas desta muller que, concebíu a crónica de guerra de xeito diferente aos seus colegas: Levóu a dor e o sufrimento da poboación ao primeiro plano. Casanova é un bó exemplo de muller galega excepcional e esquecida. 

Sociedade