Dúas camareiras nun hotel de Santiago, eixo da obra “ Hotelris@humor.com”

Dúas camareiras nun hotel de Santiago, eixo da obra “ Hotelris@humor.com”

06 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Compañía de Noia Candelexas saltará a escena este domingo no Centro Cívico de Caranza dentro do ciclo “Domingos a escea”. Os noieses representarán a obra escrita e dirixida por Víctor Vez "Hotelris@humor.com “. Trátase dunha comedia que se desenvolve nun hipotético hotel de Santiago, con varias tramas conectadas entre sí por un fío conductor, dúas camareiras.

Víctor Vez fundou no 2000 a Asociación teatral “Candelexas. Director, guionista e actor, todo nun. Este enfermeiro xubilado contaxiou a súa familia o amor polos escenarios. A compañía componse de 11 persoas das que a metade son familiares seus. A súa dona, a filla, dous netos e máis él mesmo.

O espectáculo Hotelris@humor.com terá lugar no Centro Cívico de Caranza, ás sete da tarde con entrada de balde. As gargalladas están garantidas.

Cultura