Dúas feridas leves nun sinistro que se producía na mañá de hoxe en Chapela con tres turismos implicados

Dúas feridas leves nun sinistro que se producía na mañá de hoxe en Chapela con tres turismos implicados

13 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Como consecuencia do accidente, a condutora do Fiat Punto, unha veciña de Moaña de 48 anos de idade foi trasladada ao hospital de Fátima en Vigo con politraumatismos de carácter leve. No mesmo centro hospitalario foi ingresada a condutora do Citroen, unha veciña de Chapela de 42 anos, tamén con feridas de carácter leve.

 

O terceiro vehículo afectado estaba estacionado na beiravía e, segundo información da policía local, sufriu desperfectos de pouca importancia.

 

Feridos graves

 

Por outra banda, dous mozos de Chapela resultaron feridos graves logo de sufrir un accidente na xornada de onte na moto na que viaxaban. O suceso producíase en Soutelo de Montes en Forcarei, cando a moto Honda 900 na que viaxaban os dous mozos de 23 anos saía da vía incrustábase contra o lateral da estrada. Os mozos resultaban feridos con politraumatismos. Efectivos de protección civil da Estrada levaron a moza en ambulancia ao hospital de Montecelo en Pontevedra, mentres que o mozo foi trasladado en helicóptero ao mesmo centro hospitalario.

 

Sociedade