As dúas somos mamás

As dúas somos mamás

10 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un matrimonio formado por duas mulleres denuncia unha discriminación no Rexistro Civil de Ferrol. A parella tivo dous mellizos e foinos inscribir no xulgado de paz de Fene, concello de onde é natural unha delas. Como xa había un precedente, a funcionaria púxose en contacto co xulgado de Ferrol do que depende. Aló indicáronlle que non era posible inscribir aos pequenos no Libro de Familia do matrimonio. Debían inscribirse como fillos naturais, mentras qu

O xuiz de paz de Fene, Manuel Vigo, xustificou o sucedido aludindo ao criterio do encargado do Rexistro Civil de Ferrol. Alí salientan que hai que asentar ao nacido como fillo natural. Logo a esposa ten que iniciar un proceso de adopción.

A Marcha Mundial das Mulleres afirma que se trata dunha interpretación restrictiva da lei e dun caso claro de discriminación. O matrimonio ten os mesmos dereitos legais, sexa de homosexuais ou heterosexuais.

A nai dos dous mellizos indicou que a pesar dos atrancos atopados en Ferrol, no Rexistro Civil de Lugo inscribiron aos dous nenos como fillos do matrimonio sen problema de ningún tipo. Elas xa contaban con libro de familia.

Finalmente foi o concello de Outeiro de Rei de onde é natural unha das nais, o que inscribíu aos pequenos no rexistro co único requisito de presentar o DNI das duas e o Libro de Familia, do que dispoñen despois de casar hai dous anos.
Todo parece indicar que o Xulgado de Ferrol fai unha interpretación particular da lei. Pero ¿qué dí o texto legal?

A lei 13/2005 pola que se modifica o Código Civil en materia do dereito a contraer matrimonio, establece no seu artigo único que "o matrimonio terá os mesmos requisitos e efectos cando ambos contraintes sexan do mesmo ou de diferente sexo".
A lei 14/2006 permite a inscrición no Rexistro da filiación por natureza a favor de duas mulleres. Establece que, cando a muller estivera casada con outra muller, ésta última poderá manifestar diante do encargado do Rexistro Civil do domicilio conxugal, que consinte que, en canto naza o fillo do seu conxuxe, se determine ao seu favor a filiación respeito do nacido.

Sociedade