As dúbidas e a prudencia ao volante

As dúbidas e a prudencia ao volante

21 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Uns non ven o momento para que chegue a hora de sacar o carnet de conducir e a outros cústalles máis dun pesadelo. Moitas son as preguntas que se plantexan cando te apuntas na autoescola. Cántos tests chegarán para aprobar o exame teórico? Cántas prácticas terei que pagar para facerme co prezado documento? A estas cuestións repóndenos a xerente da Autoescola Fenesport, Mª Eugenia Mayobre, quen cunha ampla experiencia as súas costas,

As clases teóricas e prácticas teñen a mesma importancia para preparar a un bo conductor. A teórica, sempre da man dun profesor cualificado, apréndenos as normas de circulación. Se fundamental son estas clases tamén o son as prácticas de coche coas que se adquire a aprendizaxe da conducción. Na autoescola de Fene non establecen un mínimo de prácticas pero como regra xeral aconsellan entre 20 ou 23 clases. Neste punto a xente erra, “os alumnos fíxanse no número de prácticas e non nas horas. Ensinar a unha persoa a dirixir un vehículo e circular en 20 horas, menos dun día, resulta moi dificil. Pódese aprobar con menos pero non é normal que se adapte un con tanta facilidade”, explica Mayobre.

Na conducción inflúen moitos condicionantes: a psicomotricidade, a psicoloxía, os reflexos, aspectos que se van adquirindo coa rodaxe na estrada. “Todos pensan no prezo da práctica, 24 euros, pero o realmente importante dende o punto de vista da economía é aprobar axiña”, apunta a profesora. De feito, sae máis barato facer 20 clases a 24 euros que 50 a 12 euros, segundo afirma. A frase “Muller tiñas que ser” está obsoleta, asegura Mayobre. As mulleres conducen igual de ben ou mellor ca os homes. É na aprendizaxe onde o home gaña terreo ás feminas. “A conducción cómpre de respostas rápidas e precisas e a muller dubida máis, posúe máis prudencia. Unha cualidade que vén dada pola propia condición feminina”.

Dáse algún caso aillado de desistir e tirar a toalla. A monitora explica que o problema nestes casos se deriva da falla de psicotécnicos axeitados. Noutros países é o profesional da medicina, como o psiquiatra, quen indica a persoa que non é apta para conducir. Existen doenzas, problemas de memoria, de lateralidade cruzada, entroutros, que imposibilitan a conducción dun vehículo. Son estas persoas, o 1%, as que non consiguen sacar o carnet; non é unha cuestión de intelixencia, clarifica.

Sociedade