Da mellor tinturaría de Cuba a La Perla

Da mellor tinturaría de Cuba a La Perla

19 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A revista “Galicia Pintoresca” recollía en 1918 a estancia en Vilalba de Cosme Sacido Ramil. Dera un banquete ás amizades na súa casa de Lanzós e ía partir para a Habana onde rexentaba a tinturaría e lavandería El Canal de Vento, a mellor tinturaría de Cuba, empresa que chegou a contar con 65 empregados. Cosme Sacido asociárase co seu curmán Adriano Gato e o seu contacto co mundo das tintorerías propiciou que se adicara

Antonio traballou en tinturarías da Coruña e de Ferrol ata que abreu a Tinturaría e Lavandería A Perla en Fene, antes da apertura da ponte das Pías. Traballou moito para os barcos que viñan reparar a Astano. “Chegou a haber doce buques a un tempo e había que lavarlles a roupa a todos e con rapidez, pero hoxe os barcos teñen xa as súas propias lavanderías e non hai un que lave”. “Loitos en seis horas” era un dos anuncios máis frecuentes das tinturarías que traballaban tamén tinguindo de negro as roupas dos familiares dos defuntos. “Todo iso cambiou e agora hai que orientar o negocio a restaurantes e a particulares” salienta Antonio García Riero, a piques de acceder á xubilación ainda que axudando as súas fillas que levan na actualidade o negocio.

A piques de xubilarse, García Riero fai repaso en Radio Fene da súa traxectoria laboral e do que cambiou o mundo das tinturarías nos últimos corenta anos.

Sociedade