Da necesidade fixemos virtude

Da necesidade fixemos virtude
29 de Xuño, 2020 - 02:32 h. | Publicada por Radio Fene

Acabou o curso das Tardes Activas. Na última entrega en Radio Fene fixeron balance os monitores dos obradoiros Máis Memoria e Recordando o noso.

ESCOITA O PODCAST:

“Da necesidade fixemos virtude” Con esta frase define a pedagoga municipal, Mª Xosé Paz, como solventaron a parálise que supuxo o confinamento polo Covid19 nos obradoiros de memoria do programa Tardes activas. Os novos formatos, radio e páxina web, salvaron o curso aos obradoiros de Máis Memoria e Recordando o noso que forman parte do programa Tardes Activas da concellería de Benestar do concello de Fene. Dous días á semana, a coordinadora do programa, Mª Xosé Paz, xunto aos monitores e psicólogos, Jaime Lendoiro e Fernándo Bermúdez participaron en sendos programas de radio para manter o contacto cos participantes así como utilizaron a páxina web municipal para programar as actividades a facer durante a semana.

Mª Xosé Paz cré que desta maneira se visibilizaron máis os obradoiros ata tal punto que se interesou nova xente por eles. “A radio aproveitouse para non cortar en seco o contacto con eles e que non se sentiran tan sós” afirma Fernando Bermúdez da experiencia vivida estes tres últimos meses. “Todos aprendimos moito, tanto na web como na radio” declarou o outro monitor Jaime Lendoiro.

As persoas maiores que participan destes obradoiros botaron de menos o grupo presencial, seguro, porque alí se sinten máis arroupados, o grupo permite a socialización, reunirse cos veciños, en definitiva, tercer redes. Pero o impedimento do coronavirus solventouse o mellor que se puido. É a opinión xeral dos participantes. Moitos volveron escoitar a radio, se ben algúns tiveron o impedimento de participar por falta de medios. No balance de fín de curso que os monitores fixeron esta mañá no último programa radiofónico, deixaron moitas recomendación para realizar nas vacacións do verán porque non se pode baixar a garda. “É moi importante, afirma Jaime Lendoiro, ter un verán activo, pasear, nadar, leer, escribir un diario, visitar lugares, facer cousas que sempre quixemos facer e fumos deixando”. A experiencia destes tres meses servirá en setembro para a Escola dos Avós.

 

 

(Na imaxe, Fernándo Bermúdez e Mª Xosé Paz esta mañá nos estudios de Radio Fene)

Institucional

Publica o teu comentario agora