"As damas de Ferrol" de Teatro do Noroeste volven ao Jofre

"As damas de Ferrol" de Teatro do Noroeste volven ao Jofre

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Lourdes e Maruxa, as protagonistas da obra escrita por Eduardo Alonso en 2001 e estreada en 2002, suben de novo ao escenario para deleitar e divertir ao público ferrolán coas súas historias. As actrices Luma Gómez e Elina Luaces protagonizan este espectáculo que poderemos ver na cidade naval ate o vindeiro domingo, con funcións ás oito e media do serán -hoxe e mañá- e ás sete o último día. O prezo das entradas &eacute

“As damas de Ferrol” é unha comedia circular onde se mesturan realidade e  fantasía, humor e sarcasmo. A obra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso,  traspasa os imprecisos límites da realidade e da imaxinación. Nesta historia, as protagonistas, Lourdes e Maruxa, contan ao espectador dende o comedor da súa mansión historias que ben poden pertencer á realidade ou ser froito das súas enfermizas mentes. O resultado é unha comedia negra entre o misterio e o sarcasmo que ten colleitados numerosos éxitos en diversos escenarios do país.

Coa reestrea de “As damas de Ferrol”, o Concello de Ferrol pecha o ciclo de teatro galego desta tempada e á súa vez o adicado ás mulleres da cidade que se iniciou coa estrea mundial de "Sen pecado concebida", a cargo de Mariclown, e continuou coas Hermanas Recalde, do grupo Oquetiqueiras.

Logo desta cita, a programación teatral desta tempada no Teatro Jofre pecharase coa representación da obra "Glengarry Glen Ross" do novelista, autor teatral e director de cine David Mamet. Baixo a dirección de Daniel Veronese, a peza está protagonizada por Gonzalo de Castro, Ginés García Millán, Carlos Hipólito, Alberto Jiménez, Andrés Herrera, Jorge Bosch e Alberto Iglesias. A súa representación terá lugar o vindeiro 13 de xuño, ás 20.30 horas, e as entradas teñen un custe de 18, 16 e 14 euros.

Sociedade