Daniel Pequeño da Jorge Juan gañou a XVI Milla Escolar de Fene

Daniel Pequeño da Jorge Juan gañou a XVI Milla Escolar de Fene

23 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O rapaz Daniel Pequeño de 4º de ESO do Colexio Jorge Juan de Perlío venceu na categoría de cadetes na décimo sexta edición da Milla Escolar do Concello de Fene que esta mañá se celebrou na avenida do Mar de San Valentín. Daniel Pequeño entrou na primeira posición seguido de Fabio Marqués do Colexio A Xunqueira de San Valentín que quedou na segunda posición. En Infantís gañou Daniel Varela mentres qu

A categoría de prebiberóns houbo que dividila en dous debido á alta participación. Así en prebiberóns-1 gañaron Laura Faraldo da Xunqueira e Lucas Gómez do Ramo de Barallobre. En prebiberóns-2 fixéronse cos primeiros postos Alba Rocha da Xunqueira e Iago Marcos do mesmo centro de ensino. En Biberóns, os vencedores foron Sabela López de Centieiras e Hugo Balado, tamén de Centieiras. En prebenxamíns gañaron   Deisy Pérez da Jorge Juan e Lucas González, tamén da Jorge Juan de Perlío. Por último en benxamíns lograron podium Yasmina Santiago da Xunqueira e Mateo Cociña do mesmo colexio da Xunqueira. Todos eles recibiron trofeo e os máis de 500 participantes tamén recibiron unha medalla de participación da organización.

Deportes