Danos do temporal

Danos do temporal
20 de Outubro, 2023 - 02:35 h. | Publicada por Radio Fene

A sucesión de temporais dos últimos días provocou 761 incidencias en Galicia, segundo o balance dos servizos de Emerxencias do 112, afortunadamente sen danos persoais. Na comarca, dous vehículos sufriron desperfectos en Ferrol e Valdoviño. Na provincia, dúas embarcacións, unha lancha en Ortigueira e un iate en Laxe, soltáronse debido ás difíciles condicións do mar. Tamén en Fene vento e chuvia deixaron un regueiro de incidencias como informou en Radio Fene a concelleira de Servizos e Seguridade Sandra Permui 

ESCOITA O PODCAST:

Arredor de vinte avisos recibíronse no Concello de Fene por caídas de árbores e pólas que afectaron á circulación en vías municipais e provinciais e causaron problemas no subministro eléctrico, segundo informou a concelleira Sandra Permui. Sillobre e Limodre foron as parroquias máis afectadas. A concelleira fixo, ademais, un chamamento á veciñanza para que non esqueza que debe manter limpas as fincas co fin de evitar que árbores e pólas poidan supoñer un perigo para as persoas e os servizos públicos.

Institucional

Publica o teu comentario agora