De Belesar á terra das abadesas

De Belesar á terra das abadesas
19 de Maio, 2019 - 09:09 h. | Publicada por Radio Monforte

En Belesar, parróquia que se divide entre os Concellos de Chantada e o Saviñao, atopamos uns tintos célebres na nómina galega de viños. O monte Faro preside a terra de Chantada pero non se divisa desde esta ribeira sacra.

Belesar, na Ribeira Sacra

Os viños deixan expedita e limpa a boca, por mór do bó e facil falar. Dicia Álvaro Cunqueiro que a xente da ribeira sacra ten o falar claro e sonoro, como de acento latino; quizais porque llles gusta oirse, teñen o párrafo largo e razonado no trato, e ainda son refraneiros. Apenas a sete quilómetros de Belesar atopamos a igrexa de San Fiz de Cangas, do século doce. Alí están sepultados cabaleiros con timbres das estipes do país: Lemos, Ulloas, Aguiares, Figueroas, Taboadas. Tamén está enterrada, dona Guiomar Mëndez. Río abaixo atoparemos a terra das abadesas. Aldonza, Ximena, Elvira. Eu levo no corazón e na memoria unha inqueda melancolía.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora