De Brincadeira en Ordes

De Brincadeira en Ordes

11 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

No campo da feira de Ordes arrinca hoxe o festival Brincadeira. Os Samesugas, Rosendo, Dios ke te krew e Europe serán algúns dos 40 grupos que actuan nun evento que se prolonga ata o domingo. De xeito paralelo realízase unha exhibición de grafitti e unha feira de artesanía.

Noutro orde de cousas, o Concello de Ordes puxo en marcha por terceiro ano consecutivo un novo programa de Voluntariado Verde. Un programa a través do que todos aqueles que queiran participar como voluntarios traballarán pola preservación do medio ambiente no municipio a través de diferentes actividades.

Entre estas iniciativas estará especialmente a limpeza dos ríos que pasan por Ordes, e en definitiva a posta en valor do entorno natural do municipio.

Dende o Concello de Ordes animan tanto a mozos como a maiores a que participen desta iniciativa, para a que poden recibir máis información e inscribirse no departamento de Medio Ambiente do Concello, chamando ao 981680002 ou a través do perfil de facebook “Voluntariado Verde Ordes”.

Cultura