De Castro en Moaña

De Castro en Moaña

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A colectánea poética De Castro, de Alba Méndez e Alberte Momán, presentarase en Moaña, mañá 4 de marzo ás 21:00 horas, na biblioteca de Quintela. A presentación inclúe un recital poético, que contará coa presencia de afiliadas da Asociación de Mulleres de Moaña recitando poemas de Rosalía de Castro, membros do colectivo A Porta Verde do Sétimo Anda

Q de Vian Cadernos é unha iniciativa do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar, que con este primeiro número busca incidir na visibilidade da produción artística galega. Esta colección nace con afán de continuidade, polo que periodicamente abrirase a porta deste espazo á participación de artistas galegos e galegas, así como a autores e autoras de países lusófonos cos e coas que xa actualmente se manteñen relacións. 

De Castro, Colectánea poética de Alba Méndez (Moaña, 1985) e Alberte Momán (Ferrol, 1976), unifica a visión de ambos sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, icona da literatura e a identidade galegas. Lonxe de todo academicismo e de pretensiosas actualizacións que estarían fóra de lugar, trátase dunha apropiación da obra da autora galega, para achegala á de dúas persoas diversas nun exercicio de posta en común, non exento de conflitos.

Cultura