De Curuxeiras a Caranza, para defender a ría.

De Curuxeiras a Caranza, para defender a ría.

03 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha marcha contra Reganosa atravesará mañán sabado 4 de xuño a cidade de Ferrol, de punta a punta. O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca para mañán Sábado 4 de Xuño, coincidindo co Día da Loita en Defensa do Medio Ambiente que se celebra internacionalmente en miles de vilas e cidades de todo o Planeta, unha Xornada Reivindicativa en Defensa da nosa Ría, da nosa seguridade e da nosa vida. A

Mañán expoñerase ao público a obra "A Ría na Rúa", dez murais de grandes dimensións, realizados por varios pintores da comarca- Entre eles, María Manuela, Miguel Anxo Varela, Leandro Lamas, Víctor Novás, Rafael Nadales, Suso Basterrechea, Carmen Martín, Eduardo Hermida, Ladislao da Regueira e Gustavo Sequeiro- para denunciar "a corrupción e o despropósito que representa Reganosa".

A inauguración da exposición fara-se sobre as 11 da mañá. Logo ás 12 do mediodía partirá unha Marcha Reivindicativa desde o Porto de Ferrol até o Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza. Catro quilómetros e medio de reivindicación. Rematará a Marcha con poesía a cargo de Xosé Leira, entre outros,e música  con Manolo Bacallao. Un xantar popular porá o punto final á xornada.

Sociedade