De escapados a combatientes: A guerrilla anti-franquista (1939-1947)

De escapados a combatientes: A guerrilla anti-franquista (1939-1947)

08 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As palabras son como campos de batalla onde loitan as diferentes ideoloxias. Mentras a esquerda calificou aos combatientes en armas contra o primeiro franquismo como "guerrilleiros", a dictadura denominábaos bandoleros, intentando quitarlle toda motivación ideolóxica ás súas actuacións. En 1951 o PCE decide desactivar o movemento guerrilleiro. 

A resistencia armada da guerrilla apoiábase na lexitimidade do réxime vixente en 1936 e na ilegalidade do golpe de estado iniciado o 17 de xullo. Ademáis de fustigar ás forzas da orde, tamén ofrecían certa seguridade e apoio ás familias de esquerdas. En Ferrolterra, as guerrillas contaban cunha tupida rede de apoios e enlaces que facilitaba a súa operatividade. Os que nun principio eran simplemente escapados ou fuxidos, convertíronse en guerrilleiros, de xeito máis efectivo e organizado en 1942, tras a reorganización do Partido Comunista de España na zona. Contan con refuxios estables, uniformes, editan propaganda e ata se permiten, por exemplo, acudir ás verbenas.

Dende 1945, a policia e a Garda Civil utilizan a táctica dos infiltrados para acabar coa resistencia da guerrilla. Os propios guerrilleiros caen en certa desesperanza ao comprobar como os aliados, vencedores da Segunda Guerra Mundial, non dan o paso decidido de loitar contra Franco, tras derrotar a Hitler e Mussolini. As guerrillas ven  imposible a acción sincronizada entre guerrilleiros e pobo combatiente de cidades e vilas. "Perdida a esperanza de calquera axuda exterior, a única posibilidade de supervivencia estaba na evasión" afirma o historiador Javier Rodriguez González (Px 418)
En 1946 a condena do réxime pola ONU crea unha situación preocupante para Franco. A dictadura intensificará a represión, para desmontar toda oposición interna. Logo veráse favorecida polo rápido desenvolvemento da guerra fria.

Pero o 26 de xuño de 1946, os antifranquistas logran impulsar a folga do aceite na Constructora Naval, coa participación dos seus 5.500 traballadores. É o primeiro paro que sofre o réxime franquista dende o final da guerra en 1939. Responderá con virulencia despedindo a todo o plantel e examinando unha por unha as solicitudes de reingreso. Nos anos 46 e 47 intensifícanse as accións da guerrilla pero tamén a violencia na represión do réxime. En 1951 o Partido Comunista decide desactivar o movemento guerrilleiro e volcar a súa actividade na organización e propaganda antifranquista. Iso coincide coas caidas dos últimos guerrilleiros de Ferrolterra. Somentes resistirá Francisco Martinez Leira "Pancho" que morrerá en decembro de 1954 na comarca do Eume.

Algunha bibliografía sobre a guerrilla:

RODRIGUEZ GONZALEZ, JAVIER. Leon bajo la dictadura franquista (1936-1951). Universidad de León 2001.
MAIZ VAZQUEZ, BERNARDO. Resistencia, guerrilla e represeión. Ed.A Nosa Terra. Vigo 2006.
LAMELA GARCIA, LUIS. Foucellas. El riguroso relato de una lucha antifranquista. Ed.do Castro. Sada.1992
SEIXIDO, SINDO. Huellas de amor en la memoria. Ed.Martinez. Cádiz.2009.
GONZALEZ VIDAL, FRANCISCO. Paco Balón:Memorias de un comunista ferrolano. Ed. do Castro. Sada.1999.
THOMPSON, JOHN. As novelas da memoria. Ed.Galaxia. Vigo.2009

Sociedade