De maior quero ser…

De maior quero ser…
14 de Xuño, 2023 - 09:34 h. | Publicada por Radio Fene

“Leandro aínda é novo, mais xa é un dos artistas máis importantes do país e supoño que o futuro só irá confirmar o que estou a dicir aquí”, afirma Xaquín Marín sobre o novo libro do ilustrador, pintor e muralista, Leandro Lamas, sobre o que falamos este mércores no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Xaquín é moi xeneroso e un pouco esaxerado. Coñecer a Xaquín foi imprescindible na miña vida porque a base de coñecelo admirei tanto a súa persoa que eu dixen: 'de maior quero ser como este señor'. E aí andamos seguíndolle o rastro. Se non o coñecese non me adicaría a isto”, explica o tamén director teatral na conversa con Henrique Sanfiz, Elvira Álvarez e Susana Falcón. Leandro asegura que, ademais de aprender moitísimo nas aulas de Xaquín Marín, tamén o admira como persoa e como artista. O libro protagonista desta semana no clube de lectura naceu dunha idea de Sechu Sende. “Nun principio pareceume desproporcionada pero despois foina madurando, foi buscando cómplices e así chegamos a telo fisicamente”, destaca Leandro.

Fotografía: Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora