De menos a máis

Libunca 1- Perlío 9
19 de Novembro, 2019 - 12:23 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino está en racha, imparable. Na visita ao Libunca marcaron gol nada menos que oito xogadoras e Sofía fixo doblete. Levan 22 goles a favor e son terceiras nese aspecto, despois do Caranza e o Maniños.

ESCOITA O PODCAST:

O marcador acabou Libunca 1 - Perlío 9. Ao descanso xa marcaran cinco tantos. Non é de extrañar que queiran estar entre os equipos que xogan as semifinais da copa feminina. "Todo lles saíu ben", en palabras do técnico Juanjo Lorenzo. "Tiñan o dia" engade, porque fixeron todo o que se propuxeron. Considera Lorenzo que o cambio de futbol 8 a futbol 7 lles obrigou a facer un futbol máis ofensivo. Vese que lles vai ben, a tenor dos últimos resultados.

O pŕoximo encontro co Rosalía será crucial porque son rivais directas no obxectivo de sacar algo en limpo desta competición. O Rosalía ten 11 puntos, un máis que o Perlío. Recíbennas nos Pinares o domingo ás 11,30h onde agardan contar co apoio da afección.

Juanjo Lorenzo dí estar totalmente concentrado nesta competición á que lle quedan duas xornadas. A pesar de que a liga xa ten datas, empeza o 15 de decembro, non lle leva aínda o pensamento, ata que acabe a copa. O técnico do Perlío desexou a pronta recuperación de Marta, xogadora do Libunca que se levou un forte golpe na cabeza no último encontro.

Deportes

Publica o teu comentario agora