De Rafaella Carrá a Joao Simoes

De Rafaela Carrá a Joao Simoes
01 de Febreiro, 2019 - 12:44 h. | Publicada por Radio Redondela

Touriñán participará na II Gala dos Medios en Galego que se celebrará o sábado dous de febreiro ás doce do mediodia no Pazo da Cultura de Pontevedra. Haberá entrada de balde pero haberá que recoller os convites con antelación no Museo de Pontevedra, na Libraría Paz ou na alcaldía de Pontevedra.

Touriñán ten conquistado a media Galicia

 

Touriñán actuou desde o 2009 no programa da Televisión de Galicia Land Rober, do que se despediu hai poucos dias. Protagonizou diferentes personaxes e escenas memorabeis como a dos escenarios rotos na sección Xubilados polo mundo: No número David Perdomo (no papel de Pelaio) intentaba ligar coa parella de Touriñán, Concha. Todo rematou coa rotura estrepitosa dunha mesa. Con Roberto Vilar formou o dúo “Os gorrillas” que foron quen de rirse co xuiz Jose Antonio Vázquez Taín. Rafaella Carrá e o portugués Joao Simoes foron outros personaxes memorabeis do humorista Touriñán que xa ten conquistado a media Galicia. Fixo de Paquito Charlín na serie “Fariña” e tamén actuou na pelicula “Os Fenómenos”. Con Marcos Pereiro, formou Mucha e Nucha, as cantareiras de Ardebullo. Natural de Culleredo, ainda non chegou aos corenta anos.

 

O humor tamén era unha das características de "O Tio Marcos da Portela", periódico que naceu o 7 de febreiro de 1876 que se lembra no Dia dos Medios en Galego. Na Gala de Pontevedra, cantará tamén Ugía Pedreira e dirixiránse aos asistentes Xaime Iglesias (asociación Cedofeita) Eva Mejuto (Salón do Libro) Anxos Sobriño (COTENOL) o debuxante Kiko da Silva, o profesor Luis Alvarez Pousa e representantes do Concello de Pontevedra, Deputación, Xunta de Galicia e da Asociación de Medios en Galego.

Cultura

Publica o teu comentario agora