De Rodrigo Leao a Ala.Ni

De Rodrigo Leao a Ala.Ni

08 de Agosto, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Rodrigo Leao, Ala.Ni, Lisa & the lips, Rolling Bowling... A segunda xornada do 31 Festival Noroeste Estrella Galicia achega mañá mércores á Coruña unha coidada selección de músicas do mundo, dende Ecuador a Beijing, pasando por Buenos Aires, Estados Unidos, Londres e Portugal. Sons diversos que encherán os espazos singulares da cidade de pop, blues, funk, rockabilly, garage, punk, rock e electrónica para conquistar os padais musicais m&aacut

A maioría dos concertos son de acceso libre ata completar aforo, pero no caso das actuacións do Castelo de Santo Antón é preciso retirar unha entrada -gratuíta- o día antes do concerto no quiosco municipal da Praza de Ourense, en horario de 9h30 a 13h00 e de 16h30 a 19h30. Mañá mércores retiraranse, polo tanto, os pases para gozar o phado persoalísimo co que a lisboeta Lula Pena destroza fronteiras físicas e mentais. Recoméndaselles ás persoas interesadas acudir á primeira hora da mañá, xa que as dos concertos de Rosalía & Raül Refree e Ala.Ni esgotáronse en menos de dúas horas. E é que, a carga histórica e identitaria do espazo, a proximidade do mar, o ambiente que se xera co  público e a fondura e o enorme talento destas voces femininas farán de cada noite no Castelo una experiencia inesquecible.
Como inesquecible será, tamén, o paso do músico e compositor portugués Rodrigo Leão polo Teatro Colón, acompañado pola voz de Ana Vieira. O ex compoñente de Madredeus e de Sétima Legião é toda unha institución no país luso e ofrecerá, dentro do Noroeste Estrella Galicia, unha selección de cancións feitas para a voz de Ana Vieira, como "Vida tão estranha" ou "Voltar", en portugués, francés ou español. É unha ocasión única para os amantes da música portuguesa.
O menú internacional do día aínda se completará coa actuación dos rockabilly chineses Rolling Bowling e máis da banda de músicos norteamericanos afincados en Madrid Lisa & the Lips, na Praza de San Nicolás. Outro prato forte do día será o concerto de New Day, novo proxecto dos integrantes da banda española Dover, na Praza das Bárbaras. San Nicolás e Bárbaras serán dous dos polos principais de atención ao longo dos próximos días. Alí actuarán, tamén, dúas bandas do punk rock local con ampla e
sonora traxectoria: Lascivos e Radio Océano. Precisamente, en previsión do interese que poden espertar no público os concertos programados para estas dúas prazas da cidade, a Policía Local deseñou un dispositivo especial que afectará ao tránsito de vehículos pola zona. Non se descarta, en función da afluencia de público, o establecemento puntual dun control de acceso da xente a estas dúas prazas ao longo dos próximos días. Recoméndase, en todo caso, usar o transporte público, que se
reforza ao longo de todo o festival, con servizos buho nos dous sentidos do tránsito, entre as 23:30 e a 1:30.
O Campo da Leña exercerá un día como escaparate do rock máis extremo e diverxente, coas  actuacións de Romance, Klüte, Crim e Mourn. O programa desta praza sufriu unha pequena modificación, trala cancelación a pasada fin de semana do concerto de No More Lies, por motivos alleos ao festival, tralo que se incorporaron os cataláns Crim e se atrasou o concerto de Mourn ata as 23:30.
Completan o cartel do día: o cantautor Luga, que actuará na Casa Museo Casares Quiroga ás 19:15; Helado Negro, que protagonizará o concerto do día na Fundación Luis Seoane; os coruñeses The Preachers, que abrirán a programación da Praza de San Nicolás; e a novísima banda local Harakiri, que fará o propio na Praza das Bárbaras, seguida por Os Gru.
AXENDA DE CONCERTOS DO MÉRCORES 9
19:15. Luga, na Casa Museo Casares Quiroga
19:30. Harakiri, na Praza das Bárbaras
20:15. The Preachers, na Praza de San Nicolás
20:15. Romance, no Campo da Leña
20:30. Rodrigo Leao, no Teatro Colón
20:30. Os Gru, na Praza das Bárbaras
21:00. Lascivos, na Praza de San Nicolás
21:00. Helado Negro, na Fundación Luis Seoane
21:15. Klüte, no Campo da Leña
21:30. Radio Océano, na Praza das Bárbaras
22:00. Ala.Ni, no Castelo de Santo Antón
22:00. Rolling Bowling, na Praza de San Nicolás
22:15. Crim, no Campo da Leña
22:45. New Day, na Praza das Bárbaras
23:15. Lisa & the Lips, na Praza de San Nicolás
23:30. Mourn, no Campo da Leña
E, contra a media noite, nas salas da cidade:
Jordi Pánico, no Black Widow.
DJFlow, no Jazz Filloa Club.
Pálida, en La Maleta.
New Day Djs, no Fuzz Bar.
Carlos Dorian, no Ummagumma.
TODOS OS ARTISTAS DO MÉRCORES 9
19:15. Luga. A Coruña - Buenos Aires. Casa Museo Casares Quiroga. Luga naceu en 1993 en Buenos Aires (Arxentina) e afincouse na Coruña en 2001. Cun estilo marcado pola influencia da música arxentina e española, a proposta de Luga caracterízase por unhas letras contundentes e unha atmósfera cercana ao pop. Comeza o seu proxecto en solitario en 2015, despois de dúas experiencias en grupos de distintos estilos. Ese mesmo ano grava o seu primeiro disco, Algo que buscar, que
presentou nunha xira europea e que agora leva por todos os rincóns da península.
19:30. Harakiri. A Coruña. Praza das Bárbaras. Harakiri son unha banda afincada da Coruña que afía as súas “katanas” por primeira vez a principios de 2016 no IX Festival Solidario “En Directo”, organizado polos Locais de Ensaio da súa cidade. Con varios cambios na formación, neste tempo percorreron diferentes salas coruñesas, dando forma a unha proposta que se bebe como un combinado das sutilezas do pop e a rudeza do rock and roll máis primitivo. Directos, sen aderezos e sen artificios.
20:15. The Preachers. A Coruña. Praza de San Nicolás. The Preachers é unha banda de garage coruñesa nada a finais do ano 2015. Os seus membros proceden doutras formacións como Los Válvulas, The Fuzzbombs ou Primrose. Apaixoados do garage máis pantanoso, o blues-rock máis crú e o rock de raizame setenteira, comezan a súa andadura conxunta versionando a algunhas das súas bandas favoritas para, poucos meses despois, rexistrar o seu primeiro e único traballo ata a data, composto por dúas cancións. Na actualidade atópanse compoñendo temas para o que será o seu
primeiro longa duración, que verá a luz a finais de 2017.
20:15. Romance. A Coruña. Campo da Leña. Romance é una banda de punk rock formada na Coruña a finais de 2015, tras a repentina disolución de Perpetuo Socorro. Sara (voz e sintetizador), Emilio (guitarra) e Analís (batería e voces) continúan quedando para ensaiar e compoñer novas cancións. Poucos meses despois, incorpórase Alberto ao baixo e consolídase o cuarteto. A primeira maqueta grávase en novembro do ano pasado por Zippo (TAB) e en 2017 comezan a debutar ao vivo. Á voz
aguda e afiada de Sara e á contundencia de Analís únense a rítmica frenética de Emilio e a solidez de Alberto, transmitindo coas súas letras toda a súa actitude punk no escenario.
20:30. Rodrigo Leao. Portugal. Teatro Colón. Exquisitez pop e sensibilidade chea de melancolía. Versátil e inquedo, o músico e compositor lisboeta sempre é garantía á hora de crear atmosferas sonoras máxicas. Tras un disco –Life is Long– cun bo amigo, o músico australiano Scott Matthew, en 2017 Leão regresa á súa faceta pop máis simple. Entendendo simple como sinónimo de lixeireza e falta de artificios. Un formato íntimo que unicamente contemplará tres instrumentos: guitarra, baixo e batería. Ademais, nesta nova xira acompañaranlle ás voces Ana Vieira, quen xa compartiu
escenario e estudo de gravación co portugués entre 2004 e 2010. Un celebrado reencontro para interpretar cancións extraordinarias de discos como Cinema (2004), A Montanha Mágica (2011) ou A mãe (2009), amén de pezas dun dos seus últimos traballos, A Vida Secreta Das Maquinas (2015).
20:30. Os Gru. Galicia. Praza das Bárbaras. Os Gru é unha banda formada por Vanesa Castro e Iñaki López -ambos artistas multimedia- en 2004. Un proxecto musical baseado nunha “electrónica caseira”, como eles mesmos din, no que tamén se suceden un abanico de estilos. Traballan xuntos dende 2003 na produtora independente Fur Alle Falle, polo que dende 2006 incorporan o mundo audiovisual ao
proxecto, realizando videoclips que presentan en numerosos certames. En 2013 publican Nu, un traballo de pop experimental e carácter intimista, e con Ai ruada (2014) samplean as primeiras gravacións analóxicas realizadas en Galicia por Alan Lomax e as combinan con electrónica e rap. En 2015 dan forma a un directo cargado de “esencia, presenza e potencia” no que recompilan as súas mellores pezas con rapeos e batidas electrónicas paseándose polo pop, o reggae ou o dubstep.
21:00. Lascivos. A Coruña. Praza de San Nicolás. Cuarteto nado nos barrios obreiros da Coruña, de longo e coherente percorrido -o seu primeiro single “Chico Vudú” editouse no 2004 e o seu LP “Casi Muerto, Case Vivo” no 2005-, cuxa proposta artística os sitúa a medio camiño entre o espectáculo escénico dos Stooges e a escura poesía de Patti Smith e de Nick Cave. A modo de berro insubmiso fronte aos que afirmaban hai dúas décadas que no arrabalde coruñés non existía nada máis cultura
quinqui, marxinalidade, desintegración e desestrutura, as irmás Rut (voz e letras) e Montse Morate (batería) usaron como armas de subversión a poesía e o rock’and’roll.  Sustentadas sobre o baixo de Emilio Agra e sobre a guitarra de Rodrigo, lograron ser escoitadas non só no centro da Coruña, senón tamén fóra de Galicia. Os seus rabiosos directos, cunha das mulleres á fronte máis impactantes do underground estatal, contaxian ao público de actitude e militancia punk. A banda estivo en hibernación
desde o ano 2010, por diversos proxectos en paralelo dos seus membros. No 2017, dez anos despois de compartir escenario cos New York Dolls na Praia de Riazor, saen do seu letargo para amosar que nos barrios coruñeses aínda se fai punk.
21:00. Helado Negro. EE.UU. - Ecuador. Fundación Luis Seoane. Nado en Florida en 1980, pero na actualidade afincado en Brooklyn, Roberto Carlos Lange, fillo de inmigrantes ecuatorianos, conta que creceu en entre calor tropical, humidade e furacáns. Todo iso en medio dos cores e os sons das varias culturas latinoamericanas que conviven no sur de Florida. O seu alter ego, Helado Negro, recolle na súa música, pop de corte electrónico con moitos matices, aquilo que absorbeu de neno, pero coas numerosas influencias que se cruzan no seu camiño. Interesado polo son da vida, os ritmos baixos dos coches e as festas nocturnas chamadas “peñas” forman parte do seu imaxinario ao grito de “Young, Latin and Proud” (“Mozo, latino e orgulloso”), que converteu tamén en canción. O seu último disco chámase Private Energy (2016), ademais de manter en paralelo numerosas colaboracións e outros interesantes proxectos.
21:15. Klüte. Ferrol. Campo da Leña. Os Klüte chegan desde Ferrol para animar ao baile cunha potente descarga de power-pop e punk-rock. O trío engancha dende os primeiros segundos coa súa potencia e brillo sobre o escenario. Car (guitarra e voz), Jai (baixo e coros) e Juli (batería e coros) ofrecen unha mestura de melodía, magníficos riffs que animan a bailar, intensas liñas de baixo, retrousos pegadizos e moito sentimento. Con influencias, conscientes ou inconscientes, de Hüsker Dü, Jawbreaker, The Replacements ou Nada Surf, publican o seu primeiro EP Summer Hits to Sing Along (CGTH Records) e xa veñen presentando o segundo, Loser, que editan de maneira conxunta Monasterio De Cultura, Sello Bramante e CGTH R’n’R Party, gravado en Estudios Montealto e masterizado en North London Bomb Factory Mastering. Estes ferroláns son unha racheada de aire fresco, poderoso, desordenado e
divertido. Imprescindibles.
21:30. Radio Océano. Galicia. Praza das Bárbaras. Pioneiros do punk patrio, os Radio Océano fundaron nos 80 a escena do rock galego á que máis tarde se sumaron grupos tan míticos como Siniestro Total ou Os Resentidos. A banda capitaneada polo xornalista Xosé Manuel Pereiro (aka Johnny Rotring, parodiando a Johnny Rotten) conta entre as súas referencias con pesos pesados como U2, Ramones, Velvet, B52, Neil Young, Pistols ou os Clash. As súas primeiras maquetas foron moi apreciadas e en
1986 conseguiron gravar o seu único disco, Nin falta que fai, grazas ao concurso de RNE para grupos noveis. No seu pico de máxima popularidade o seu tema Esto no es Hawai foi sintonía do programa de Jesús Ordovás en Radio3, e permitíronse rexeitar representar a España en Eurovisión, fieis á súa filosofía punk. Disolvéronse en 1987. Forman Radio Océano Xosé Manuel Pereiro (voz), Santiago Romero (guitarra), Quique (baixo) e Pablo Iglesias (batería). Este ano cúmprense 30 anos da súa despedida e celebrarano no Noroeste Estrella Galicia ofrecendo de novo ao vivo temas tan coñecidos e potentes como Narcisismo (con letra do poeta Lois Pereiro), Terra Cha ou Como o vento. Historia viva da música deste país.
22:00. Ala.Ni. Londres. Castelo de Santo Antón. Elegancia e sofisticación definen o estilo de ALA.NI. Esta londiniense de pais caribeños compón, produce e canta unha música intemporal, viva. Cancións imperecedoiras, concisas, arranxadas e orquestradas cunha delicadeza sublime, que interpreta coa súa voz de soprano, alterada polo toque trasnoitado dunha diva do jazz, quizais herdada ou inspirada pola
obra do seu tío avó Leslie Hutchinson, quen fora unha estrela do cabaré nos anos 20 xunto a Cole Porter. O seu álbum debut You & I (Naïve, 16) é froito dunha madurez que só dá a experiencia vital, no seu caso ligada desde nena á música e á moda. ALA.NI foi corista de Damon Albarn (Blur), de Andrea Bocelli e de Mary J. Blige, pero tamén foi artífice da súa primeira colección, presentada na Fashion Week de Londres, e colaboradora de coñecidas marcas como Colette ou Estée Lauder. Unha figura
contemporánea do Renacemento que, desde hai dous anos, viaxa polo mundo murmurando interpretacións singulares, rebosantes de coraxe e sinceridade e proxectantes de emoción.
22:00. Rolling Bowling. Beijing (China). Praza de San Nicolás. Este singular trío rockabilly con base en Beijing (China) é coñecido polo seu marcado sentido da estética vintage, a súa voz grave e a vibrante enerxía dos seus directos. Como eles mesmos afirman: “a nosa música é neo-rockabilly, é dicir, rockabilly mesturado con outros estilos de rock, coma o ska e o punk. Ao principio, tratamos de tocar como unha banda tradicional de rockabilly, pero pouco a pouco engadimos novos estilos que gozamos,
como o punk da vella escola, o bluegrass ou o rockabilly tradicional de 1950”. Os Rolling Bowling atópanse actualmente inmersos nun tour por Europa, mentres preparan o lanzamento dun novo LP, que inclúe dous temas propios e unha canción da banda psychobilly española 13 Bats. Sobre as súas referencias artísticas amósanse entusiasmados con Brian Setzer, o líder de The Stray Cats. Contan que escriben as súas cancións cunha actitude punk, pero que queren expresalas dunha maneira máis
artística, a través da moda e da cultura vintage de hai case sete décadas. No 31 Festival Noroeste Estrella Galicia amosarán o seu lado máis sexy e salvaxe, cun directo imprescindible para todos os amantes do rock dos anos 50 e 60.

22:15. Crim. Tarragona. Campo da Leña. Crim é unha banda de punk-rock de arragona formada en 2011 e inspirados pola crueza e as melodías de bandas como Social Distorsion, Leatherface, Cock Sparrer, Vanilla Muffins, etc. Na súa traxectoria ublicaron tres discos, o último en outubro de 2016, Blau sang, vermell cel. Guitarras ontundentes e concisas, voz áspera, clara e arrogante, cunha potente e poderosa ección rítmica que fai que o son atrape a todo aquel que o escoita, mergullándoo nun
mar de sons que rememoran os monstros máis sacros do punk rock. Como pór nunha cocteleira os himnos dos primeiros Cock Sparrer, os parafraseados dos grandiosos Weatherface e as harmonías dos mellores temas de Social Distortion.

2:45. New Day. España. Praza das Bárbaras. Despois de 24 anos de traxectoria con Dover, Amparo Llanos renace con New day, xunto con Samuel Titos (ex Dover) ao baixo e Jota Armijos (ex Fuckaine) á batería. Os trece temas que compoñen o seu primeiro traballo, Sunrise, foron gravados no estudo El Invernadero de Madrid, baixo a producción dos propios Amparo e Samuel e a mezcla de Ferni Duhalde. Este proxecto xurde directamente do corazón e dende a propia experiencia sobre os escenarios e na
estrada. A mesma Amparo defíneo como “unha mestura de grito de independencia e de anhelo dos demais”. O trío esgotou as entradas ás poucas horas no seu debut o pasado 25 de novembro e o albúm converteuse nun dos máis vendidos. Este é o alentador comezo dunha banda que ten moito que dicir.
23:15. Lisa & the Lips. Madrid - América. Praza de San Nicolás. A banda de músicos madrileños e  americanos capitaneada por Lisa Kekula logrou fusionar a súa alma derrubando fronteiras xeográficas, creativas e espirituais. A protagonista vocal ábrese en cada directo, dosifica agarimos e golpes sonoros, murmurios e arrebatos cargados de intensidade. A contundente personalidade de Lisa déixase levar polo funk máis descarado, sen perder a forza e o goce de cada tema. O grupo de músicos que a
acompaña encaixa ao milímetro e non deixa lugar a nada máis que alabanzas e envexa dos compañeiros de profesión. Lisa Kekula (voz, coros), Bob Vennum (baixo, sintes, coros), Pablo Pérez (guitarras, coros), Henrik Widen (hammond B3, Rhodes, Wurtlitzer, Clavinet, Vibraphone, piano acústico), Maxi Resnikosky (batería), Pablo Rodas (baixo), David Carrasco (saxo tenor e barítono) e Alex Serrano (trompeta) camiñarán ata o límite facendo subir a temperatura este Noroeste Estrella Galicia.
23:30. Mourn. Barcelona. Campo da Leña. Barcelona, 2014. Catro mozos de entre 15 e 18 anos irrompen no mundo indie cun disco debut homónimo: Mourn. Os seus primeiros temas, inspirados en Archers Of Loaf e Sleater-Kinney, gustaron tanto que non tardaron en publicar un álbum. A autenticidade e frescura do repertorio trascende fronteiras e o selo norteamericano Captured Tracks (DIIV, Mac Demarco) recoñece o talento destes rapaces, que xa compaxinan estudos e concertos internacionais.
Despois dunha tempada encerrados no local, temos por fin a oportunidade de escoitar os temas de Ha, ha, he en directo. O público do Noroeste Estrella Galicia será partícipe da solvencia de Antonio á batería, a maxia impredicible de Leia ao baixo e o perfecto dobre ataque vocal e guitarreiro de Jazz e Carla que, en aparente simplicidade, converten o aspecto pop inicial en rock virulento enriquecido con arranxos e estruturas hipnóticas que atrapan. Os risos están asegurados.

Sociedade