De todos

De todos
15 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Recoller os excrementos dos cans nos espazos públicos é obrigado. Pola Lei e por respecto aos demais. “Non facer nada que non nos gustaría que nos fixeran a nós”, di a concelleira de Medio Ambiente de Fene, Mari Carmen Martínez, que anuncia unha inminente campaña de concienciación cidadá sobre este tema. Tamén ten previsto outra, esta para primeiros de ano, sobre as colonias felinas

ESCOITA O PODCAST:

“O can é teu, pero o concello é de todos”. Lema da nova campaña de concienciación sobre a recollida dos excrementos dos cans que ten previsto levar a cabo a Concellería de Medio Ambiente.  “Conto que antes do Nadal poidan estar os carteis, que xa están na imprenta”. 

A campaña lembrará a obriga que teñen os propietarios de cans de retirar as deposicións das súas mascotas e tamén advertirá das sancións previstas. A Lei establece sancións por este motivo que van de 100 a 500 euros. “Espero que non sexa necesario aplicar a sanción, o que buscamos é concienciación”, remarcou a concelleira. “Hai parques, como o situado detrás do Concello no que pola mañá pasean os cans e pola tarde os nenos”, lamentou Mari Carmen Martínez, que ten recibido queixas de nais sobre o problema que supón a existencia dos excrementos. 

Institucional

Publica o teu comentario agora