De Vacas no Ciclo Día de Galicia

Todas as actividades desenvolveranse na praza Alcalde Ramón Souto González, baixo unha carpa.
01 de Xullo, 2019 - 10:15 h. | Publicada por Radio Fene

Setestrelo e De Vacas son os puntos fortes do Ciclo "Día de Galicia" que arranca o venres 5 de xullo en Fene.

O mes de xullo en Fene é mes de empezo de moitas cousas. Abría esta mañá as suas portas o colexio Centieiras de Perlío a un novo campus Verán máis alá. En cuestiópn de dias empezan os cursos deportivos de verán. E xa esta semana, o venres 5 de xullo arranca o Ciclo “Dia de Galicia” co espectáculo de Setestrelo, “O Camiño”. Todas as actividades desenvolveranse na praza do alcalde Ramón Souto González, baixo unha carpa. O concerto de Setestrelo está previsto ás 22,30h.

Logo saltamos ao luns 8 de xullo ás 21,00h no que asistiremos a un espectáculo de Novo Circo con Isla Letriska: “Letriska inmóbile”. O martes non podía faltar a maxia. Este ano co mago Cayetano Lledó. Tamén ás 21.00h, ofrecerá o número titulado “ Lafayette Show”.

Outro clásico do ciclo “Dia de Galicia” é a o Certame de Habaneiras coa participación de todas as corais e rondallas de Fene: CPS San Valentín, O Pote de Maniños, Agarimo de Sillobre, Eterna Xuventude do Centro Sociocomunitario de Fene, Estrelecer do CMI Unidade de Fene, Perla do río do CCRD de Perlío e Tradicoro. A música coral empezará o mércores 10 de xullo ás 20.30h.

O xoves 11 mantense a Festa dos Avós. Seguimos na praza do cocnellod e Fene, ás 20.00h. Servirase gratuitamente, churrasco, empanada e bola. O que se recaude coas bebidas entregarase a Cáritas parroquial. Contémplase unha zona de hischables para os nenos e nenas. E a partir das 22.30 actuación da orquestra La Trova coruñesa co espectáculo “Sabor a min”.

O venres dia 12 de xullo, leerase ás 20,30h a Declaración Institucional diante do monumento ao “Día da Patria Galega”. E para acabar o ciclo, ás 22.00h De Vacas ofrecerán o concerto “Tour vacanal 2019” na Praza Ramón Souto González.

Cultura

Publica o teu comentario agora