Deberes para o mandato

Deberes para o mandato
05 de Outubro, 2023 - 12:59 h. | Publicada por Radio Fene

Un plan de aparcamentos, infraestruturas como saneamento e subministro de auga e revisión do Plan Xeral son as prioridades para o novo mandato da Concello de Fene que resalta o voceiro do grupo socialista Joaquín Ayala. Conversamos con el este xoves no programa A Fenestra de Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“A mobilidade é un conflito en Fene que temos que intentar resolver”, apunta Ayala. “Fene ten problemas acuciantes como o do aparcamento, un reto ao que temos que dar solución”. Propón deseñar un plan de aparcadoiros. Outros retos que sinala o voceiro socialista son “dar servizo da rede de sumidoiros e auga potable a aqueles lugares que non o teñen e ao Plan Xeral Municipal de Urbanismo hai que darlle saída”.

“Era visto”, opinou sobre a fallida investidura de Feijóo. “Estaba cantado cando te presentas a unha investidura sen os apoios e todo o deixas á sorte, a ver se hai algún tránsfuga”. Da candidatura de Pedro Sánchez a revalidar a presidencia do Goberno lembra que “ten a confianza da agrupación local de Fene”. 

Institucional

Publica o teu comentario agora