Decepción do BNG despois de dous anos de goberno co PSOE

Decepción do BNG despois de dous anos de goberno co PSOE

25 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O voceiro do grupo municipal do BNG de Fene, Manuel Polo, remitiunos á asamblea local de afiliados que o Bloque de Fene celebrará a mediados de xuño, despois das eleccions europeas, para avaliar a acción de goberno e o futuro do bipartito local. Polo calificou de "decepcionante" a experiencia ata o momento.  

O voceiro do grupo municipal do BNG de Fene, Manuel Polo, pónse do lado do Perlio, que hai uns dias criticou publicamente o retraso das obras do campo de herba artificial nos Pinares. Segundo o edil nacionalista os retrasos non teñen máis xustificación que a deixadez e a lentitude en facer as cousas. 

Manuel  Polo amosouse crítico tamén co retraso dos Orzamentos municipais do 2009 porque o socio de goberno emprazounos para falar, despois das Eleccións Europeas.  Outro tema no que non hai encontro é no referente á vella Astano. Mentras, o BNG sigue apoiando a iniciativa lexislativa popular que a semana pasada acadou o apoio das entidades culturais, sociais e  veciñais de Fene, ás que se sumou posteriormente a Confraría de pescadores de Barallobre que non puido asistir a esa xuntanza.

A palabra utilizada por Manuel Polo á hora de facer balance dos dous de cogoberno co PSOE en Fene é “decepción”. Afirmou o edil nacionalista que sí comparten ideas pero que nos dous anos transcurridos os resultados non son bos. Afirmou que o cocnello vai máis lento e a calidade de atención aos veciños non é mellor que antes.

 

Sociedade