Degustación de poldro

Degustación de poldro
01 de Novembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha degustación de carne de poldro celébrase este sábado en Magalofes. Servirase tamén un magosto con castañas asadas, sempre que se consiga o produto. A festa rematará con música ao vivo a cargo de Pilar Feal. Persoas socias, entrada de balde, non socias dez euros. Organiza a Asociación Veciñal de Magalofes.

ESCOITA O PODCAST:

Fala o presidente da Asociación Veciñal de Magalofes Manuel Pico:

http://173.255.131.18/audio/311023PICO.mp3

Fotografía Festa do Cabalo de Magalofes

Se non hai castañas, haberá un produto en sustitución, segundo asegurou o presidente da Asociación Veciñal de Magalofes Manuel Pico. A entidade leva desde 1989 organizando esta degustación onde se ofrece carne de poldro estufada e máis á grella. A degustación comezou como sinal de gratitude coas empresas, entidades e persoas colaboradoras da Feira do Cabalo e como promoción deste evento que se organizou na campa das Queiras entre 1990 e 2012.. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora