Demandan o saneamento da ría

Demandan o saneamento da ría
04 de Abril, 2019 - 08:54 h. | Publicada por Radio Fene

A confraría de pescadores de Barallobre abríu o pleno celebrado onte á tarde en Fene. Unha moción do BNG que, antes do seu debate, era asumida por todos os grupos da corporación municipal, chamou a atención sobre a situación do pósito fenés. A iniciativa propón que as administración correspondentes adopten medidas para sanear a ría e para restituir ao persoal que tivo que abandonar os seus postos de traballo no pósito pola falta de financiamiento da Xunta de Galicia. Sen todo o persoal necesario non pode ser funcional, segundo reza na iniciativa.

ESCOITA O PODCAST:
Ribeira de Barallobre

Premio.

Todos os grupos apoiaron tamén por unanimidade a posta en marcha do Premio Xornalístico “Ramón José Souto González” que xa fora aprobado en pleno do 4 de maio de 2017. O certame premiará aqueles traballos que destaquen na defensa da liberdade e estará dotado económicamente.

A iniciativa contempla tamén a corrección do nome de Ramón Souto e a utilización do nome completo Ramón José Souto González en todos os documentos municipais como na placa que da nome á praza do concello ou na galería de alcaldes. Tamén se aprobou a corrección das datas do seu nomeamento como alcalde que, segundo reza no arquivo municipal, é o 15 de xuño de 1936 e a data na que deixa de ser alcalde sexa o día que o fusilaron, o 16 de agosto do mesmo ano. Os socialistas sumaron á moción una proposta de bases orientativa para o premio que se crea. O certame entregaría o galardón o día 16 de agosto, coincidindo coa data do falecemento.

Todos os grupos, o PP, BNG, EU e Somos Fene apoiaron a moción que fai xustiza ao que fora alcalde de Fene e defende valores tan relevantes como a democracia, a concordia e o respecto ás ideas.

Institucional

Publica o teu comentario agora