Demandan que a Igrexa pague o IBI dos edificios con fins lucrativos

Demandan que a Igrexa pague o IBI dos edificios con fins lucrativos

17 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, presentou unha iniciativa rexistrada no Congresos dos Deputados para rematar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas, nomeadamente a Igrexa Católica. Neste sentido, Jorquera subliñou que “a superación da crise económica pasa tamén por acabar cos privilexios fiscais, que xunto co enorme volume de fraude fisca

Neste sentido, Francisco Jorquera salientou que “a proposta do BNG é totalmente razoable, porque é xustificable a exención do IBI cando se trata de bens inmobles destinados ao culto relixioso, como é o caso da catedral de Santiago, ou cando teñen usos sociais, caso dos comedores sociais, ou educativos, pero cremos que é totalmente inxustificábel esa exención cando afecta a bens inmobles con fins lucrativos, como por exemplo a hospedaría de San Martiño Pinario, pois iso ademais constitúe unha competencia desleal aos empresarios do sector hoteleiro, que si cumpren co pago dos seus impostos”.

Mesmo en Italia a Igrexa terá que pagar o IBI

Francisco Jorquera puxo como exemplo que apoia a reclamación do BNG o caso de Italia, “un país no que existe unha influencia tan grande da Igrexa Católica e no que esta terá que pagar o IBI a partir do ano que ven”. Ademais lembrou que “a Unión Europea no seu momento instou ao Estado español a eliminar a exención que tiñan as confesións relixiosas para o pagamento do IVE”.

Na mesma liña, salientou que “todos os datos indican que a inmensa maioría dos crentes apoian esta petición e cren que é de xustiza e equidade social acabar cos privilexios fiscais das confesións relixiosas”.

Sociedade