ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A CIG servizos vén de denunciar á CLECE, empresa de limpeza de edificios de Ferrol por obrigar ao persoal de baixa por enfermidade a cobrar á oficina mediante cheque. Para a Confederación Intersindical Galega resulta sospeitoso este cambio, cando normalmente as traballadoras recibían os seus salarios mediante transferencia bancaria.
O sindicato nacionalista considera que deste xeito se presiona ás empregadas para que collan a alta. Esta medida dáse especialmente en persoal rebaixado por crise de ansiedade ou doenzas similares. Constátase así, segundo a CIG , que a empresa dubida do criterio médico e presupón que as enfermas non están tal.
A CIG esixe o cumprimento da legalidade vixente ante unha actitude que cualifican de inhumana e de desprecio total ao estado de saúde destas persoas.