Denuncian o traslado do CEPRECO no cabodano do Prestige

Denuncian o traslado do CEPRECO no cabodano do Prestige

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Non é un aniversario para facer festa, pero o anunciamento do Goberno central de que trasladará o Centro para a Prevención e Loita Contra a Contaminación Marítima e Litoral (CEPRECO) dende a Coruña ata Madrid, semella un mal chiste na véspera do sétimo cabodano do accidente do Prestige. O BNG denuncia a indefensión galega ante a decisión, e atopou apoio no presidente da Xunta. Ademais, os nacionalistas pretenden que se lle concedan a Gali

“Vivimos no lugar do planeta máis afectado polas mareas negras”, sentenzou o voceiro de Pesca do Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, como argumento definitivo para rexeitar o traslado do CEPRECO á capital do Estado. Dende Madrid defenden que o panel de expertos antiverquidos marítimos será máis funcional nun punto equidistante do Mar Mediterráneo. Os nacionalistas galegos tiran de cifras para rebater a xustificación. “Este pequeno país –explicou Lobeira- ten tanto litoral como o Mediterráneo, máis frota pesqueira e máis sinistralidade”. Non respectar esa lóxica é facer “política de secano”, concluiu.

O corredor de Fisterra rexistra o maior tránsito de buques de todo o dominio marítimo estatal, con 45.000 anos. Deses navíos que pasan fronte a Galicia, 13.000 transportan carga perigosa. Estas cifras recolleunas tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para laiarse da decisión do Goberno central ao remate da sesión do Consello. Feijóo dixo estar afeito a que “non lle dean cousas a Galicia, pero non a que llas quiten”, e coida que os socialistas xa tiraron “réditos políticos” da catástrofe do Prestige en Galicia e agora esquecen á Comunidade. A piques de cumprirse sete anos dende o accidente do petroleiro fronte á costa da Coruña a situación na loita contra os verquidos está só “algo mellor”, en palabras do presidente galego. Alberto Núñez Feijóo considera que os riscos de que se produza outra catástrofe seguen a ser similares aos que había en 2002. O nacionalista Bieito Lobeira lembraba hoxe que aínda non se sabe “que vai pasar coas máis de 1.700 toneladas de fuel que aínda quedan no pecio do Prestige”. Ao mesmo tempo, aproveitaba para demandar da Moncloa o recoñecemento da singularidade marítima galega e anunciar unha petición formal para o traspaso á nosa Comunidade de todas as competencias relativas á seguridade no mar.

Críticas de ADEGA

Pola súa banda, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) indica que aos 7 anos do accidente do Prestige, non hai fuel á vista, máis fican toneladas soterradas baixo a area e o Prestige segue vertendo.  Para ADEGA, "a UE desprazou un buque anticontaminación a Vigo, mais seguimos sen portos refuxio e centros loxísticos. Aprobáronse planos de continxencia, mais a equipa técnica de coordenación da loita contra a contaminación acaba de ser desmantelada. Recuperáronse algunhas especies comerciais, mais non se promoven estudos sobre os impactos do fuel a longo prazo nos ecosistemas mariños. Abriuse un xuizo que ameaza con eternizarse mentres a fiscalía do estado tenta exonerar ao único político procesado. Semella, en definitiva, que só a cidadanía e os ecoloxistas lembramos o que aconteceu hai 7 anos.Con respecto aos efectos do chapapote, a forte dinámica litoral e a alta capacidade de recuperación dos ecosistemas costeiros fixeron que en poucos anos, a situación millorara considerablemente. No entanto, aínda fican en determinadas áreas do litoral restos de fuel, e, como sinalou recentemente unha investigadora da Universidade de Vigo, grandes cantidades soterradas baixo a area que seguen contaminando".

 

Sociedade