Denuncian trabas de Fenosa para os ascensores de San Valentín

Denuncian trabas de Fenosa para os ascensores de San Valentín

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unión Fenosa entorpece a posta en marcha dos ascensores de San Valentín, segundo denuncian os veciños deste barrio de Fene. Un total de 3 bloques teñen os elevadores a punto, pero non entran en funcionamento polas trabas da compañía eléctrica.

72 familias atópanse afectadas por esta situación e o número incrementaráse nas vindeiras semanas xa que outros dous bloques están  a piques de finalizar a obra de colocación das cabinas e da maquinaria. Fenosa afirma que antes de entrar en funcionamento precísase colocar uns contadores trifásicos e máis reforzar a liña de electricidade. Os veciños de San Valentín realizaron diferentes xestións para estudar solucións que permitiran a posta en marcha provisional dos ascensores pero sempre se atoparon coa falta de diálogo da empresa eléctrica. Os presidentes das comunidades mantiveron unha reunión na tarde noite de onte e estudaron diferentes medidas a adoptar para esixir unha saida á situación.

 

 

 


Sociedade