Deporte e personalidade

Deporte e personalidade
12 de Febreiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

A práctica deportiva ten vantaxes para a mocidade máis aló de axudar a ter unha boa forma física. Tamén pode influír na construción da personalidade da xente nova, como nos explicou José Barcia no espazo Vilanova. Na adolescencia búscanse referentes fóra do entorno familiar e a rapazada pode atopalos en lugares como os clubs deportivos de base. 

 

ESCOITA O PODCAST:
Fútbol, Agarimo, Sillobre

“Van recibir mensaxes que poden equilibrar outros do seu entorno que ao mellor os poñen en risco”, explica Barcia. Entidades deportivas e culturais están nunha situación de vantaxe fronte á familia e a escola nunha etapa da vida caracterizada pola rebeldía. “Cando imos a eses lugares imos cunha disposición moi positiva, porque non o facemos por obriga, escollemos ir aí e a disposición é moito mellor”.

 

 

Na imaxe, equipo da Sociedade Agarimo de Sillobre. Adestraba Juan José Cabana Rey

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora