Deportes de inverno para os máis xóvenes

Deportes de inverno para os máis xóvenes

02 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asociación Cultural Borobó ten previsto para o vindeiro 25 de febreiro unha viaxe a estación invernal de San Isidro (León). Dende a Asociación é a segunda actividade deste tipo que organiza a asociación na tempada de inverno. Dado o éxito acadado na primeira, apostan denovo pola súa reedición.

Como na anterior viaxe, a saída será de Boiro, diante da Casa da Cultura, as 12 da noite, e a volta o domingo 27 sobre as 23h. O custo é de 92 euros, incluindo aloxamento con almorzo e cea, desprazamento e fortfait de fin de semana. 

O número de prazas é de 40. Os interesados poden anotarse a traves do mail, asociaciónborobo@hotmail.es. ou na oficina do Omix no Centro Social de Boiro (981842635).

Sociedade