A depuradora de Ares, Mugardos e Fene acumula un novo retraso

A depuradora de Ares, Mugardos e Fene acumula un novo retraso

04 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A depuradora de Punta Avarenta que dará servizo aos Concellos de Ares, Mugardos e Fene acumula un novo retraso. A Xunta anunciara o inicio da construcción da EDAR en Punta Avarenta para o pasado mes de outubro, pero as obras ainda non se iniciaron nesta zona próxima á parróquia de Chanteiro. Si comezou e continua a bó ritmo a construcción da estación de bombeo que impulsará os residuos de San Valentin en dirección a Ares.

A Xunta de Galicia adxudicou a redacción do proxecto e construción da depuradora á Unión de Empresas formada por COPASA, Taboada y Ramos, en agosto do 2008. Preveíase que entrara en funcionamento en febreiro do 2011 e anunciabase unha capacidade para depurar os verquidos de 52.000 habitantes de Ares, Mugardos e Fene. A actuación incluia a EDAR e mais 40 quilómetros de tuberias para a rede de saneamento. Anunciabase o selado de 16 puntos de verquido á ria de Ferrol.

Sociedade