A Deputación da Coruña destapa a Rede Cultural do 2014.

A Deputación da Coruña destapa a Rede Cultural do 2014.

06 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación da Coruña abre mañá o prazo para que concellos e entidades da provincia poidan solicitar actuacións dos grupos e artistas inscritos na Rede Cultural 2014, da que este ano forman parte 1.715 agrupacións tanto profesionais coma non profesionais. Os concellos e asociacións que se queiran beneficiar desta iniciativa, deberán presentar as súas solicitudes entre os días 7 e 26 de febreiro, tal e como se recolle no anuncio pub

Todos os datos das agrupacións artísticas que participan nesta nova edición da Rede Cultural poden consultarse na páxina web da Deputación (www.dicoruna.es/cultura/rede-cultural/). En canto aos impresos de solicitude, poderán atoparse nos concellos, na sede provincial e tamén en internet.

A relación do programa deste ano inclúe o programa de música e teatro para profesionais, así como o programa para compañías de danza. Na categoría non profesional hai dende bandas de música e gaitas ata corais, orquestras, solistas e danza. Nas artes escénicas terán cabida os monólogos, as actuacións monicreques, os contacontos e a maxia, así coma o circo e os acróbatas.  

No caso dos concellos, a Deputación asumirá o 70% do gasto xerado pola contratación destes grupos en concellos de menos de 5.000 habitantes. Para os de entre 5.001 e 15.000, a porcentaxe será do 50%, mentres que nos concellos de máis de 15.000 habitantes a Deputación asumirá ata o 40% do orzamento total.

As entidades sen ánimo de lucro deberán facer fronte á metade do gasto pola contratación dalgún destes espectáculos, mentres que a outra parte correrá a cargo da Deputación da Coruña.

Sociedade