A Deputación de Lugo inserirá a 540 desempregados nas profesións con máis futuro

A Deputación de Lugo inserirá a 540 desempregados nas profesións con máis futuro

19 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Desempregados de longa duración, mulleres de máis de 45 anos, persoas con discapacidades e vítimas de malos tratos serán os principais beneficiarios do programa incluído no Pacto Provincial polo Emprego que presentou esta mañá a Deputación de Lugo. Ata 540 desempregados poderán inserirse no mercado laboral grazas a un estudo polo miúdo de cales son as maiores necesidades de emprego no territorio lucense. Previamente, participarán n

Os interesados pódense inscribir dende mañá e ata o 15 de setembro poñéndose en contacto coa Deputación de Lugo no enderez electrónico pactoemprego@deputacionlugo.org ou chamando ao teléfono do Inludes, o 982 265 334. O presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que esta proposta será máis efectiva para a inserción laboral que os plans promovidos pola Xunta.

En total, impartiranse 45 accións formativas con 15.000 horas de docencia e máis de 60.000 horas de prácticas profesionais en empresas estreitamente vinculadas con estas áreas: atención sociosanitaria a persoas dependentes e enfermos de alzheimer; cuidador de discapacitados físicos/psíquicos; técnico de transporte sanitario; auxiliar de enfermeiría xeriátrica; monitor sociocultural; aproveitamentos forestais; novas tecnoloxías da información e da comunicación; sensibilización ambiental; prevención de riscos laborais, etc.

O programa formativo leva aparexado un certificado de profesionalidade esixido pola Lei de Dependencia para poder desenvolver determinados labores. Xestionarase a través de tres oficinas técnicas que se distribuirán na zona norte (Foz), sur (Chantada) e Centro (Lugo, no propio Inludes). A formación estará complementada por talleres de habilidades sociais sobre cómo presentarse a unha entrevista de traballo, montar unha empresa, redactar un currículum con éxito, etc.

Ademais, tanto para a formación teórica como para a práctica concederase unha axuda de 400 euros, equivalente ó 75% da cuantía establecida polo IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples). Esta subvención será compatible coa percepción da prestación e subsidio por desemprego sempre e cando non supere o importe fixado polo IPREM.

Institucional