A Deputación de Lugo pon en valor a riqueza natural

A Deputación de Lugo pon en valor a riqueza natural

28 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Máis de 500 persoas de todas as idades poderán participar de balde nas novas actividades do C.I. Terras do Miño. Conferencias sobre a Reserva da Biosfera, obradoiro de cervexa artesá ou obradoido de elaboración de bebidas vexetais, son algunhas das propostas que ofrece a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo. A Deputada de Enerxías Renovables e Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou hoxe no Salón de Actos do Pazo de Sa

Programación de actividades

Conferencias e obradoiros:

- O día 7 de abril terá lugar a conferencia Preparación do solo do Horto, para un número máximo de 40 participantes e que se celebrará no Centro de Interpretación Terras do Miño de 19:00 a 21:00 horas.
- O día 19 de maio haberá outra conferencia:As prantas: usos medicinais e fitosanitarios, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas.

Actividades para adultos:

- O día 9 de abril terá lugar:Multiplicación vexetativa de especies leñosas, dirixido a 40 persoas e que se celebrará en Terras do Miño nun horario de 11:00 a 14:00 horas.
- O día 14 e 16 de abril será o turno de Planificación dun Horto, contando cun total de 40 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 14 e de 10:00 a 14:00 o día 16.
- O día 30 de abril e 5 de maio terá lugar Elaboración de Cervexa I, contando cun total de 20 prazas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 19:00 a 21:00 horas o día 30 e de 10:00 a 14:00 o día 5.
- O día 21 de maio haberá: Obradoido de elaboración de bebeidas vexetais, destinado a un total de 20 persoas. Celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
- O día 28 de maio ofrecerase:Obradoido deshidratados, sales de cociña e vinagres, que conta con 20 prazas e que se celebrarase no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.
- O día 11 de xuño terá lugar:Elaboración de extractos naturais, dirixido a 20 persoas e que se realizará no Centro de Interpretación de 10:00 a 14:00 horas.

Para as familias:

- O día 2 de abril ofrecerase o obradoiro Aves na Reseva da Biosfera Terras do Miño, que contará cun máximo de 20 participantes e que se celebrará entre as 10:00 horas e as 13:30 horas.
- Os día 22 e 23 de abril será o turno de Micoloxía e Medio Ambiente, con 20 prazas e que se celebrará no Centro de Interpretación entre as 19:00 horas e 21:30 horas o 22 e entr as 10:00 e as 14:00 horas o día 23.
- O día 7 de maio celebrarase a Ruta botánica do campus de Lugo, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 11:00 e as 13:30 horas.
- Os días 4 e 5 de xuño será o turno de Festival da Biosfera 2016: Día Mundial do Medio Ambiente, que se compón dun total de 5 actividades, 3 para realizar o sábado día 4 e 2 para o día 5. O sabado, haberá ás 11:00 horas un roteiro en bicicleta no Paseo do Río Rato. Ás 12:00 horas, terá lugar a conferencia A bicicleta como medio de transporte sostible que será de 12:00 a 13:00 hora. Ao mesmo tempo, haberá na zona un contacontos infantil. Por outra banda, o domingo, de 10:00 a 17:00 terá lugar en Terras do Miño o III Encontro de Cociña Solar, dirixido a un total de 20 participantes. Ademais, nese mesmo horario, un contacontos para os máis picariños.
- O día 25 de xuño ofrecerase a I Ruta Sonora Terras do Miño, na que poderán participar un máximo de 20 persoas e que terá lugar no Centro de Interpretación entre as 10:00 e as 14:00 horas.

Para os máis pequenos (entre 6 e 12 anos):

- O 4 e 5 de xuño terá lugar a actividade Contacontos Infantís, para 20 participantes no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O 27 de xuño comeza a actividade Xogos para descubrir a natureza, para un máximo de 20 participantes e que se celebrará en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas.
- O 28 de xuño terá lugar O Clube dos nenos coidadores do planeta, no C.I. Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
- O 29 de xuño será o turno de Vamos a investigar o entorno natural, en Terras do Miño de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.
- O 30 de xuño terá lugar A caixa dos Xogos do Centro de Interpretación Terras do Miño, tamén no Centro de Interpretación de 10:00 a 13:30 horas para un máximo de 20 participantes.

Sociedade