A Deputación de Ourense debate a denuncia contra Baltar

A Deputación de Ourense debate a denuncia contra Baltar

03 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, participará hoxe no pleno extraordinario para dar explicacións sobre a denuncia presentada por unha muller ante a Fiscalía na que relata que o dirixente popular pediulle sexo a cambio dunha praza fixa na institución provincial. Trátase da súa reacción ao plante da oposición en bloque na sesión plenaria da pasada semana, pois tanto o PSOE como Democracia Ourens&

A oposición puxo o foco na vertente laboral do caso, que si interesa á cidadanía e que compete á institución provincial. Deste xeito, referiuse tanto ao suposto ofrecemento dunha praza fixa a cambio de sexo como ás gravacións en poder de 'eldiario.es' nas que Baltar menciona a posibilidade de modificar as notas nun procedemento de selección de persoal para darlle entrada no Pazo Provincial.
O representante de Democracia Ourensa, Gonzalo Jácome, foi, como adoito, algo más gráfico na súa explicación.
Vista a reacción do tres grupos da oposición, que formalizaron a petición dun pleno extraordinario para debater sobre todas estas cuestións, finalmente o presidente provincial accedeu e fixou a cita para hoxe ás 10,00 horas. Segundo a petición de PSOE, Democracia Ourensá e BNG, esta sesión monográfica ten por obxecto "reprobar a conduta" do tamén líder do PP na provincia e solicitar "a súa dimisión" á fronte da Deputación. Baltar cualificou a actitude da oposición e o plante como un “numerito”.

Sociedade