A Deputación de Ourense reproba a Baltar

A Deputación de Ourense reproba a Baltar

03 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os votos do PSOE, BNG e Democracia Ourensana serviron para aprobar esta mañá a moción de reprobación ao presidente da institución Jose Manuel Baltar. Os deputados do Partido Popular, que configuran a maioría, non asitiron á sesión, asegurando que non se prestan a face "política lixo".

O PP de Ourense tildou de "lamentábel" a sesión e de "miserábeis" as forzas da oposición através dun comunicado. Aliás, coidan que as demais forzas políticas están a facer un "ataque de tipo persoal" contra Baltar, algo que, din, o PP "non ten intención de facer nunca" contra elas.

    O grupo popular xustifica a súa ausencia asegurando que non se prestan a "facer política lixo"

Neste senso, reclaman, "educación, dignidade e respecto" do que "semella carece" quen "este desesperado intento" por "xogar a ser xuíz".

Así, o pleno tivo que ser presidido polo deputado de maior idade, o socialista Vicente Gómez. Malia a ausencia do grupo maioritario e do seu líder os demais grupos (PSOE, BNG e Democracia Ourensana) defenderon a moción e exixiron a demisión de Baltar ao que Gonzalo Pérez Jácome definiu como "psicópata". Critican o ofrecemento de traballo a cambio de sexo, tal e como denunciou na fiscalía unha veciña de Ourense.

Sociedade