A Deputación inviste 1,6 millóns de euros nunha piscina municipal en A Pastoriza

A Deputación inviste 1,6 millóns de euros nunha piscina municipal en A Pastoriza

22 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Pastoriza contará cunha piscina municipal cuberta e climatizada. O proxecto, aprobado pola Deputación, contará cun orzamento de 1,642. 429 euros que correrá, na súa totalidade, a cargo deste organismo provincial. O Concello chairego aportará os terreos, que estarán situados xunto ao cuartel municipal, no acceso ao centro urbano desde a LU-122.

A piscina será climatizada e contará cun teito acristalado e retráctil, co que facilitará que se poida descubrir no verán, sempre e cando haxa boas condicións meteorolóxicas para facelo. A tenente de alcalde de A Pastoriza, Elva Carreira, indicou que se está en proceso de valoración da enerxía empregada para o seu funcionamento. Buscarase que sexa a enerxía alternativa e renovable mais adecuada. A propia responsable pastoricense tamén indicou que os terreos onde se construirá son públicos e municipais, xa que foran cedidos pola comunidade de montes ao Concello, polo que  non será necesario levar a cabo ningunha expropiación.

 

Nos próximos días abriranse as bases do concurso público para ofertar a execución das obras ás empresas.

Sociedade