Dereito ao bo trato

Dereito ao bo trato
11 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Os animais teñen dereitos. Coa nova Lei estatal queda máis claro que nunca”. “Dereito ao bo trato, respecto e protección derivados da súa condición de seres sentintes”, destacou en Radio Animal Irene Torres, asesora xurídica especializada en Dereito Animal. 

ESCOITA O PODCAST:

“Definitivamente si, estamos avanzando, tamén a sensibilidade social aumentou moitísimo” na protección dos animais. Pero a especialista advirte de que “queda moito por facer, especialmente por parte das administracións”. Considera que estamos nun bo momento para iso. “Non pode ser que as normas establezan obrigas para as persoas e que despois non se cumpran”. “Estoume referindo, por exemplo, á xestión das colonias felinas, coa nova lei queda claro que os concellos teñen que facerse cargo obrigatoriamente”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora