Derroche

O pintado das prazas de aparcamento na rúa do concello está mal, en palabras de Trigo.
01 de Marzo, 2019 - 11:59 h. | Publicada por Radio Fene

Juventino Trigo acusa ao goberno local de Fene, de derrochadores, de falta de transparencia e de actuar improvisadamente. Así o manifestou no progrma As Foxas de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

De "derrochadores" califica o voceiro municipal do BNG no concello de Fene, Juventino Trigo, ao goberno do PP e Somos Fene. E aporta algúns exemplos para demostrar que se malgastan os diñeiros públicos, pola falta de planificación e por outorgar as obras “a dedo” ás empresas. Entre eses exemplos citou o voceiro do BNG a cabalgata de Reis deste ano, cuxo custe aumentou máis do 30%, segundo as súas contas.

O voceiro nacionalista referiuse tamén esta mañá no espazo As Foxas, á última acción do goberno local, o pintado das prazas de aparcamento en batería na rúa do concello, afirmando que como non se fai un estudo e un proxecto previos, "volveron a pintalas mal".

A falta de transparencia do goberno “Somos PP” como gosta en denominalo o protavoz nacionalista, levou ao BNG a botar man da Valedora do Pobo, quen admitiu ata agora as súas demandas. O voceiro municipal do BNG referiuse no espazo As Foxas ao servizo de Axuda no Fogar ou ao servizo da auga, pero tamén ás próximas citas coas urnas. A pesar de que a convocatoria das Eleccións Xerais o 28 de abril trastoca un pouco a folla de ruta cara ás Eleccións Municipais, o Bloque ten feito os deberes e xa elaborou e aprobou a candidatura local ao completo. Unha lista que, en palabras de Juventino Trigo, lles resultou fácil, ten novidades e a darán a coñecer dentro duns dias.

Institucional

Publica o teu comentario agora